9.04.2006

 

BAUHAUS : O HOME QUE QUISO SER O HOME QUE QUERÍA SER O CONDE DRACUL

... e no verdadeiro final do concerto (previsible pero totalmente inevitable) a transformación: peter murphy colle unha capa e convírtese en bela lugosi cando creía ser o Conde vampiro namentres soa o crepitar metálico que asociamos co ataude que se abre; e canta:

White on white translucent black capes
Back on the rack
Bela Lugosi's dead
The bats have left the bell tower
The victims have been bled
Red velvet lines the black box
Bela Lugosi's dead
Undead undead undead
The virginal brides file past his tomb
Strewn with time's dead flowers
Bereft in deathly bloom
Alone in a darkened room
The count
Bela Logosi's dead
Undead undead undead


A letra traenos totalmente sen coidado (agás a referencia a bela lugosi, claro); o importante é a atmósfera e o son: unha guitarra unha melodía e unha voz que poden facerte levitar. Mentras a escoitas (millor nas versións extendidas de 9 ou 12 minutos, no concerto quedouse na de 5 aprox.) na túa escura habitación ou nun concerto con 10000 almas o Conde Bela Lugosi é un morto-non morto.

Eu cheguei ben tarde a Bauhaus (o meu primeiro disco deles é o último de momento, e merqueino sobre todo polo nome, Gotham, e o packaging molón; non me arrepinto). Quizais por iso rachei o meu proposito (non declarado) de non asistir a concertos de vellas glorias do rock (salvo por motivos obvios como que fosen gratís e cousas máis prosaicas) e fun a Paredes de Coura con moita ilusión por ver a Bauhaus. Moi boa experiencia. Para variar mola ver un concerto no que coñeces e podes tatarear a metade das cancións :-)

Para saber máis de Bauhaus: BAUHAUS (NA WIKIPEDIA)

No seguinte post hai unha grabación de Bauhaus coa transfomación de Peter en Bela que busquei en Youtube.




Comments: Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?