9.21.2006

 

VINDEIROS CONCERTOS

Mandoume Anxo unha escolma dos vindeiros concertos interesantes na Galiza (agás un).
Eu tentarei de ir a bastantes deles (na medida que se poida sen crear conflictos familiares :-)

De entrada descarto o de Liars (por ser no medio da semán, pero dende logo é un grupo moi interesante) e o de Kraftwerk (se fose en Madrid ou en Lisboa pensariano en serio, pero en Zaragoza é moito lio).
E se só podedes ir a un concerto este trimestre, e non vivides preto de Zaragoza, ide a Lambchop, sen nengunha dúbida.

Tamén ando pensando ir a ver a OPETH (death metal "progresivo" con toques jazz) en Porto (no Hard Club, o mellor sitio de concertos que teña visto). Se alguén se anima que avise.

27 Septiembre
Liars ---> Playa Club (A Coruña)

6 Octubre
Bunky ---> La Iguana (Vigo)

7 Octubre
Wignnomy Brothers ---> Vademecum (Vigo)
Gigolo Aunts ---> La Iguana (Vigo)

8 Octubre
The Drones ---> Fabrica de Chocolate (Vigo)

20 Octubre
Niño y Pistola --->Sala Karma (Pontevedra)

21 Octubre
Maga ---> Sala Capitol (Santiago)

24 Octubre
ISAN ---> Auditorio Marco (Vigo)

3 y 4 Noviembre
Festival 981 ---> Playa Club (A Coruña)
Dominik Eulberg
Chicks On Speed
Donnacha Costello
DK7
Undo
... etc ...

11 Noviembre
Festival M2 ---> Zaragoza:
Kraftwerk
LFO
Ken Ishii
Miss Kittin
DJ Krush
... etc ...

23 Noviembre:
CatPeople + Delorean ---> Sala Capitol (Santiago)

9 Diciembre
Lambchop ---> Playa Club (A Coruña)

15 Diciembre:
CatPeople ---> Sala Mardi Gras (Coruña)

16 Diciembre:
CatPeople ---> La Iguana (Vigo)

9.18.2006

 

VETIVER EN VIGO (VADEMECUM 15-09)


Moi ben o concerto de Vetiver en Vigo, incluindo o son, algo nada habitual nos concertos "con guitarras" no Vade.
A verdade é que fun o concerto sen saber moi o que agardar, ainda que obviamente esperaba algo similar a Devendra Banhart (neo-folq americán, con saidas medio psicodelícas e desbarres varios dependedo do tripi inxerido; resultame entretido Devendra pero sen emocionarme: para o meu gusto está un tanto sobevalorado, ainda que recoñezo que ten un peso específico importante nesta escea musical).

162_6249

162_6251


Vetiver fixeron un concerto de boas cancións a secas (sen hits pero sen altibaixos na calidade), tocadas con calma (só nalgunhas subiu a intensidade ó final da canción) e no que todo transcurria comme il faut. O momento alxido foi a magnifica versión de Crazy Love (imaxino que tocaranna habitualmente, pero algún espectador no deixou de pedila por si acaso). Podedes escoitala aquí abaixo nun live en Copenhagen.


Powered by Castpost

9.11.2006

 

VETIVER NO VADEMECUM

O vindeiro Venres 15 de Setembro inicase a tempada de concertos nesta sala de Vigo con Vetiver, grupo asociado á escea do neo-folk americán (o seu lider é compañeiro de Debendra Banhart, un dos líderes da susodita escea, o "estilo" máis cool da actualidade). Vémonos alí.

 

Gay for Johnny Depp

Con un nome así é imposible pasar desapercibido (acabo de atopalos buscando información sobre KLF, que non teñen nada que ver musicalmente - pero si no espíritu - e que na súa actual reencarnación, Blacksmoke, fixeronlles un remix; por algo será). Estilo punk-hardcore con toques proprios, en plan experimental, que afastannos de tantísimos grupos de son clónico. Máis información na súa páxina; para escoitalos mellor en myspace

 

POR QUE PREGUNTAS, SE NON QUERES SABELO

Why do you ask - if you don't want to know
Why do you ask - if you don't want to know
How I am, how I feel
You should know by now that I'm ready to show
Please don't ask - you don't want to know
Please don't ask - you don't want to know

Why do you talk - you don't want to tell
Why do you talk - you don't want to tell
What is really on your mind
The world's already full of words and lies
Please don't ask - you don't want to tell
Please don't ask - you don't want to tell


Esta simpática canción (simple pero profunda) de DONNA REGINA (un dos mellores e máis constantes grupos da escea indietrónica - pop electrónico -) viuseme á cabeza vendo un vídeo da explicación do significado dos números da serie LOST (Perdidos): AQUÍ

9.04.2006

 

THE CRAMPS NO PAREDES DE COURA

THE CRAMPS é un deses grupos que sempre me caeron simpáticos (como case que todos os grupos que teñan unha estética "propia" e que venden máis camisetas que discos :-) pero dos que nunca me parei a escoitar moito e nin tan siquera a baixar a súa música (debo ter só un par de discos; agora baixarei algún máis :-) e iso que teño epocas de escoitar bastante psychobilly dende que descubrín en COU a The Meteors (ista batallita para outro día). Cando me decatei que ían tocar o mesmo día que Buahaus e !!! no Paredes pensei que sería algo de complemento e probablemente prescindible.

Sorpresa importante: a maior parte do público estaba alí máis por os cramps que por bauhaus (e xa non digamos por !!!).

O concerto empezou baixo (agás a primeira canción, unha das míticas que a teñen moi trillada) e durante un rato pensei que ía ser un desastre de concerto: viase un grupo con clase e experiencia que quedaría moi ben nalgún garito oscuro (La iguana, of course) pero que nin por asomo podían encher de música (ou son) un auditorio desas características. Por riba había problemas de son (a guitarra, creo recordar). Pero mediado o concerto Lux Interior, o cantante, fixo o que se espera dun grupo deste estilo: que se desmelene, que solten o punk que levan dentro para que os espectadores tamén o liberemos. E funcionou. Imaxino que nun grupo destas características históricas hai moito de pose (ja, coma en todos: eu os imaxino con traxes normais, indo ó ximnasio e tomando bebidas isotónicas; no fondo deberíame darme igual por que iso tamén é unha pose miña e ó mellor trabucome e resultan que son de verdade; que máis ten! ) e pouco de punk auténtico, pero o caso é que o concerto levantouse e os non incondicionais quedamos con un bó recordo.

Para saber máis de The Cramps: THE CRAMPS NA WIKIPEDIA
Algo sobre psychobilly: PSYCHOBILLY




THE CRAMPS en Paredes de Coura (ollo, a grabación non é miña pero está feito case dende onde eu estaba))





THE CRAMPS en directo nunha mellor grabación





MÍTICO CONCERTO DE THE CRAMPS nun psiquiátrico (isto si é punk de verdade, con tolos de verdade bailando :-). Se só podedes ver un vídeo hoxe que sexa este. IMPRESCINDIBLE!. pese á mala calidade.

 

!!!: EU E RUDOLPH GIULIANI BAIXANDO POLA GRAN VÍA

Parece mentira pero na gran Nova Iorque, a cidade máis auténtica do mundo, está proibido bailar agás en certos sitios nunhas condicións moi determinadas. Esta vella lei, da epoca do racismo ou da lei seca (non recordo), non se aplicaba ata que chegou Rudolph Giuliani a alcaldía e rescatouna dentro da súa aparentemente exitosa campaña contra o crime e a favor da "decencia" urbá.
Curiosamente (ou quizais non) concidiou esa época co revival do post-punk (explicación na wikipedia). De todo ese revival !!! (pronunciase maioritariamente coma chk chk chk -cheq cheq cheq- , pero tamén serve calesquera tres chasquidos iguais; mola :-) é para a maioría, e de momento, o mellor e máis importante grupo (biografía de !!! na wikipedia). Polo tanto a posibilidade de ve-los en Paredes de Coura era moi interesante (outro día comentarei por que non actuaron GRATIS o ano pasado en Vigo grazas os nosos cultos políticos).
E non defraudaron. Bó concerto (curto por esixencias do festival; lástima), boas cancións, boa actitude,...Dende logo non hai cor ó lado dos Frank Ferdinand que vin en Castrelos (que estiveron ben, pero non me chegan igual: vexoos moito máis comerciais, ainda que os respeto coma un bo grupo).


Pode escoitarse un pouco do seu mítico single "con" rudy giuliani: AQUÍ!!!

LETRA: Me And Giuliani Down By The School Yard (A True Story)

Well the way I see it doesn't really matter
Cause it don't make no sense to all those mad Manhatters
But I do believe that there must come a moment
When even the piggiest pig must get on up and move it
I got this friend named Neil, swears Nixon had a soul
But what I'd like to know is can Giuli do the stroll?
People always ask me, "What's so fucking great about dancing?"
How the fuck should I know? Yeah, even I can barely understand it
But when the music takes over, the music takes control
Here's a message to you Rudy and you sir, Mr. Bloomberg and the rest of you ties-too-tight dudes
Y'all could learn a lesson, by losing inhibitions, yeah
Losing yourself in the music, losing yourself in the moment
Because we have nothing more than this very second
You can't count on the one coming after, no one's sure about the one before
So forget about it, we live here and now dude, here and now, here and now, here and now
So get on down down down down down down down down down down down down down down
NYC is where the freaks come to be free and if I can't get my freak on see
I'm a hang up Giuliani, he can sick his lackeys on me
But you can't stop a new age dawning
So if you got hips then shake them
And if you got fears forsake them
Giuliani's got his rules but we ain't no fools, let's break them
Let's break them, let's break them down
And on the way we'll make them say
Everybody cut, everybody cut, everybody cut, footloose





!!! EN PAREDES DE COURA (non perderse o minuto 3 no que o cantante rise dunha seguidora dos Cramps :-)

 

BAUHAUS : O HOME QUE QUISO SER O HOME QUE QUERÍA SER O CONDE DRACUL

... e no verdadeiro final do concerto (previsible pero totalmente inevitable) a transformación: peter murphy colle unha capa e convírtese en bela lugosi cando creía ser o Conde vampiro namentres soa o crepitar metálico que asociamos co ataude que se abre; e canta:

White on white translucent black capes
Back on the rack
Bela Lugosi's dead
The bats have left the bell tower
The victims have been bled
Red velvet lines the black box
Bela Lugosi's dead
Undead undead undead
The virginal brides file past his tomb
Strewn with time's dead flowers
Bereft in deathly bloom
Alone in a darkened room
The count
Bela Logosi's dead
Undead undead undead


A letra traenos totalmente sen coidado (agás a referencia a bela lugosi, claro); o importante é a atmósfera e o son: unha guitarra unha melodía e unha voz que poden facerte levitar. Mentras a escoitas (millor nas versións extendidas de 9 ou 12 minutos, no concerto quedouse na de 5 aprox.) na túa escura habitación ou nun concerto con 10000 almas o Conde Bela Lugosi é un morto-non morto.

Eu cheguei ben tarde a Bauhaus (o meu primeiro disco deles é o último de momento, e merqueino sobre todo polo nome, Gotham, e o packaging molón; non me arrepinto). Quizais por iso rachei o meu proposito (non declarado) de non asistir a concertos de vellas glorias do rock (salvo por motivos obvios como que fosen gratís e cousas máis prosaicas) e fun a Paredes de Coura con moita ilusión por ver a Bauhaus. Moi boa experiencia. Para variar mola ver un concerto no que coñeces e podes tatarear a metade das cancións :-)

Para saber máis de Bauhaus: BAUHAUS (NA WIKIPEDIA)

No seguinte post hai unha grabación de Bauhaus coa transfomación de Peter en Bela que busquei en Youtube.




This page is powered by Blogger. Isn't yours?