7.05.2006
LOS HIGH SIERRAS: SÓ É ROCANROL PERO MOLA
Despois da decepción dos dous últimos discos de KANNON (oxalá lles vaia bonito, vendan mogollón de discos e saian nas radios comerciais, de verdade que me alegraría - aos meus alumnos siguen a gustarlles -) hoxe por hoxe penso que o mellor grupo da cidade niso difuso que podemos chamar ROCK son "los high sierras". Evidentemente non inventan nada, o son é totalmente clásico e nunca van gañarse a vida nisto tal e como anda o tema musical, pero é que grupos coma este son máis que necesarios para o noso inconsciente colectivo. Por moito que molen os sons novos na música (tecno, rap,...) hai algún tipo de Máxia única nunha guitarra eléctrica en directo (no tecno ou no rap tamén hai máxia pero é doutro tipo, menos ancestral)
O sábado estiven no concerto da fábrica de chocolate. Todo ben (isa hora e pico de retraso :-) agás que non me tocou ninguha das camisetas que sortearon (merquei unha de todos xeitos :-)
Parece ser que a intención que teñen é de sacar o seu segundo disco ó longo deste ano cando solucionen algúns problemas (non especificcados). Se é tan bó como o primeiro (e polo concerto parece que será similar) benvido sexa.