7.06.2006
E, ALÁ ENFRENTE, CONSTANTINOPLA
Fai case un mes, buscando discos no soulseek da cantante kurda Aynur, atopei un recopilatorio chamado Crossing the bridge: The sounds of istambul composto por diversos grupos desta cidade de unha morea de estilos: rock, psicodelia, electrónica e por suposto folc. E semanas despois vin que o disco en realidade é a BSO dunha película que ven de estrearse co mesmo título (e que obviamente non veremos nos cines comerciais de Vigo :-). Na película Alexander Hacke, compoñente do imprescindible grupo alemán Einstünzerden Neubaten fai un percorrido pola cidade e a súa música. Sen ver a película é obvio que o resultado da mesma é demostrar que nestes intres Istambul ha de ser probablemente unha das cidades europeas máis aberta, cosmopólita e rica culturamente. Organizamos unha viaxe?
O director da peli tamén dirixiu Contra a parede, boa película con mellor BSO.

O director da peli tamén dirixiu Contra a parede, boa película con mellor BSO.
