6.20.2006
UNIDADE DE REXISTRO
Dado que merco bastantes discos con respecto ó estandar (segundo tempadas, ultimamente poucos) vou a ir comentando aquí os motivos de por que estes discos en concreto (sendo obviamente a maior parte das veces o motivo os meus caprichos azarosos).
Estes merqueinos en BCN, en CDrome, pequena e interesante tenda pola súa selección (vende por correo)
- LOS CORONAS: Surfin' tenochtitlan (Isotonic records). Grupo formado por compoñentes de Sex Museum (un dos mellores grupos españois de hard e stoner rock, con 20 anos de antigüidade) fan música surf instrumental. Interesante. Bonita portada. Este é o tipo de disco que prefiro mercar: proxectos independentes, moi auténticos.
- SMOG: A river ain't too much to love. De Smog falarei noutro post. Calquera que o teña escoitado comprende por que podes mercar calquera disco de SMOG sen medo a equivocarte.
- PLASTIC D'AMOUR: Olivia (Siesta). Fai tempo quisen mercar este disco pero non o din atopado e logo esquecinme. Tecno pop español cantado en francés. Bonito e interesante, pode resultar algo ñoño según teñas o día.
- JOSETXO ANITUA&ATOM RHUMBA: Bilbao 13.05.05 Kafe Antzokia (Noizpop). Un directo para celebrar o 20 aniversario de Ruta 66. Boa edicción
- CALIGULA 2000: Yo soy dios (Susurrando). Tecno puro e duro. Merqueino en especial por que trae un remix de "La Tv es nutritiva" de Aviador Dro (si, esa é unha das cancións que me molaría pinchar se alguén me dera a oportunidade :-)
- MADRID DE LOS AUSTRIAS: Amor (Satelite K). Xa tiña este disco grabado pero por 2 € que costaba...Tecno-flamenco feito en Austria (máis tecno que flamenco, pero con clase). Interesante sen ser bó.
- ZA!: Eki eki eki kazam! (autoeditado?). Merquei este disco só polo packging tan chulo que ten (e eran 10 €) asumindo que poidera ser unha trapallada maqueteira de moito coidado por que descoñezo absolutamente todo do grupo (ainda que soupera algo non é nada evidente vendo a portada deducir o nome do grupo). E resulta que o cd está moi ben e por riba o grupo ten actuado en Vigo no MARCO traidos por Sinsal (como non!). Unha boa compra.