6.04.2006

 

É FODIDAMENTE XENIAL ESTAR VIVO: DRIVE-BY TRUCKERS NA SALA CAPITOL

A mellor banda de rock do mundo?. Así é como fala a publicidade desta banda no último Ruta 66. Eu dende logo négome a establecer criterios comparativos (e moito menos cuantitativos) nisto da música así que o deixaremos en que son unha magnífica banda con un directo irreprochable, boas cancións, son acertado (a ecualización pareceume mala), guitarreo explosivo e demoledor para rematar a maioría dos temas,...Vamos, que concertos como este xustifican calquera esforzo que podas facer (tempo, distancia, cartos, pereza,...). Para que fose perfecto habería que entenderlles algo do que cantan con ese acento de Alabama :-)
Por certo que non é nada frecuente ver un grupo no que poden cantar a maioría dos compoñentes (iso si, unha das voces, tipo johnny cash, sobresae de maneira evidente). Un punto máis para eles.

Como teloneros estiveron SUGAR MOUNTAIN, grupo de Pontevedra que fai rock tipo rolling (e algo de thin lizzy). A min non me disgustaron, non inventan nada pero véxolles maneiras e un son correcto, e que carai, calquera que se adique ó rock non comercial merece un certo apoio. Iso si, a algunha xente coma Anxo non lle gustaron nada de nada e así fagoo constar.

Comments:
Ciertamente recomendable.
Además,el escenario tipo granero del sur de Texas les venia al pelo.

Y no sé quien decia que estos tios tocaban lo justito. 2 horitas sin un segundo de descanso.

Si pasan por vuestro barrio, no los dejeis escapar.
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?