6.04.2006
AGARDA NA BEIRA DO RÍO E PASARÁN FLOTANDO OS CADAVERES DOS TEUS INIMIGOS
Ise é o suxerente título do anterior disco da banda australiá The Drones (Os zumbidos?), unha maravilla de hardrockblues e que teñen toda a pinta de ser a bomba en directo.
Australia é hoxe un dos paises do mundo con mellores grupos de rock non comercial, en especial nos estilos hard e punk. Ainda que un grupo como Jet acadou un éxito esaxerado para os seus méritos (ata os meus alumnos - algúns - os coñecen; a min non me chistan) hai un montón de grupos facendo rock do bó, do que sobresaen sen dúbida uns dos máis veteranos, Radio Birdman, punkrock de primeira división.
Permanezan atentos ás súas antípodas.