6.21.2006
COCOROSIE EN VIGO
Tiña pensado escribir algo sobre a música de Cocorosie aproveitando que actúan o vindeiro 4 de Xullo no Caixanova (toda unha novidade na súa programación grazas ós esforzos de Sinsal; agardo que saia ben o experimento por que ese é o recinto ideal, nesta cidade, para concertos deste estilo) pero como teño as neuronas algo secas polo final de curso millor o ledes na páxina de SINSAL onde ademáis podedes escoitar un par de cancións e ver un vídeo.
6.20.2006
UNIDADE DE REXISTRO
Dado que merco bastantes discos con respecto ó estandar (segundo tempadas, ultimamente poucos) vou a ir comentando aquí os motivos de por que estes discos en concreto (sendo obviamente a maior parte das veces o motivo os meus caprichos azarosos).
Estes merqueinos en BCN, en CDrome, pequena e interesante tenda pola súa selección (vende por correo)
- LOS CORONAS: Surfin' tenochtitlan (Isotonic records). Grupo formado por compoñentes de Sex Museum (un dos mellores grupos españois de hard e stoner rock, con 20 anos de antigüidade) fan música surf instrumental. Interesante. Bonita portada. Este é o tipo de disco que prefiro mercar: proxectos independentes, moi auténticos.
- SMOG: A river ain't too much to love. De Smog falarei noutro post. Calquera que o teña escoitado comprende por que podes mercar calquera disco de SMOG sen medo a equivocarte.
- PLASTIC D'AMOUR: Olivia (Siesta). Fai tempo quisen mercar este disco pero non o din atopado e logo esquecinme. Tecno pop español cantado en francés. Bonito e interesante, pode resultar algo ñoño según teñas o día.
- JOSETXO ANITUA&ATOM RHUMBA: Bilbao 13.05.05 Kafe Antzokia (Noizpop). Un directo para celebrar o 20 aniversario de Ruta 66. Boa edicción
- CALIGULA 2000: Yo soy dios (Susurrando). Tecno puro e duro. Merqueino en especial por que trae un remix de "La Tv es nutritiva" de Aviador Dro (si, esa é unha das cancións que me molaría pinchar se alguén me dera a oportunidade :-)
- MADRID DE LOS AUSTRIAS: Amor (Satelite K). Xa tiña este disco grabado pero por 2 € que costaba...Tecno-flamenco feito en Austria (máis tecno que flamenco, pero con clase). Interesante sen ser bó.
- ZA!: Eki eki eki kazam! (autoeditado?). Merquei este disco só polo packging tan chulo que ten (e eran 10 €) asumindo que poidera ser unha trapallada maqueteira de moito coidado por que descoñezo absolutamente todo do grupo (ainda que soupera algo non é nada evidente vendo a portada deducir o nome do grupo). E resulta que o cd está moi ben e por riba o grupo ten actuado en Vigo no MARCO traidos por Sinsal (como non!). Unha boa compra.

COMO FOLLAN AS VACAS?
- Como aman as vacas?
Como nadan. Así.
- Como follan, a vacas?
Como "cerdas".
Hai vexetarianos que comen plantas carnivoras.
Os homes dun metro oitenta non choran. Eu mido un metro setenta e nove.
O desexo é un iglú
Hai beleza Kandinsky en cada gol de Ronaldo
(repasando ESCARNIO de A. Reixa)

6.08.2006
PUNK NOT DEAD
Dende que escoito música actual en cantidades masivas (6 anos aprox.) un dos xéneros que menos escoito é o punk-hardcore (agás grupos españois que teñan letras simpáticas ou intelixentes) cando curiosamente era o meu xénero predilecto na adolescencia. A maioría dos grupos de punk clásico-pero-moderno (anos 90 en adiante) resultanme sosos, monótonos ou prescindibles (obviamente como efecto do que supuso NIRVANA no seu momento) cando non tremedamente falsos como toda a pleiade de punk-MTV (green day e compañia; algún disco pode estar ben, que conste). O punk que escoito é normalmente dos anos 70-80 (con excepcións coma Fugazi, Misfits 2ª época, Rancid...).
E nisto descubrin a REFUSED co seu disco "The shape of punk to come" e algo cambiou. Podiase facer punk moderno mantendo a estructura tradicional pero modernizándoa (neste caso con electrónica, pero segue a ser hardcore do mellor). Unha maravilla de disco que, e penso que non fun ó único que lle ocurriu, devolveume as ganas de escoitar punk.
A partir dese disco fun descubrindo novos horizontes para o punk:
punk + folk celta: THE REAL MCKENZIES (gaitas, punk, whiskey, faldas escocesas sen nada debaixo :-)
punk +soul: THE BELLRAYS (un dos meus grupos de cabeceira; xa falarei deles outro día).
punk + gypsy: GOGOL BORDELLO. Pois iso, toda a aceleración da música balcánica (violíns, tambores, acordeóns,...) misturada coa aceleración punk. Unha pasada. Soa como se Fanfare Ciocarlia estiveran de jam session con Mano Negra.

EL CAGA NUBES
He poos clouds (Houston Party) é o curioso nome do novos disco de FINAL FANTASY. Detrás deste nome tan "despistante" está un violinista canadiense (teño que repetir que Canada é, dende Godspeed! You Black Emperor, un dos focos principais da vangarda musical mundial?) que fai música de cámara (pianos, clavicordios, timables,...) con estructura pop, é decir "pop de cámara". E soa realmente ben. Un disco moi bonito de escoitar. E por riba resulta que todas as cancións están baseadas en, ou inspiradas por, niveis do famoso xogo de rol "Dragones e mazmorras". Non diredes que non é cando menos curioso.
En plan comentario musical, leo nalgunhas webs que Owen Pallet ten sido compoñente de The Hidden Cameras (bo grupo) , colabourado con The Arcade Fire (mellor grupo e moi de moda fai meses) e con Broken Social Scene (dos que falarei proximamente neste blog por que son realmente bos, auténticos de verdade e van vir ó festival Paredes de Coura).
En plan comentario extra-musical parece ser que o New York Times definiu a Owen coma o violinista gay, posmoderno e freak máis famoso do mundo. Pos fale. Hai algún máis nesas tres categorias simultaneamente? :-)

6.07.2006
TROCOS NA TENDA DE SINSAL
Non é por reiterarme pero unha tenda como Sinsal (e unha programación coma a do Vademecum) é un luxo para unha cidade coma Vigo.
Curiosamente moita xente que coñezo ou ben non coñecen a tenda (normal se non mercan discos) ou ben pensan que é un sitio só para música electrónica, descoñecendo que teñen discos de moitisimas tendencias: pop, country, free folk, post rock,...Iso si, todos e cada un deles son discos selecionados con gran criterio.
Ola a todos/as. Fai algo máis de catro anos que SINSAL audio abriu as súas portas ó público no número 22 das Galerías Príncipe. E pasado este tempo é o momento de pechalas.
Como a maioría sabedes, SINSAL está composto por un grupo de amigos amantes da música. Desde que abrimos a tenda fomos buscando novos modos de expresión, intervindo en distintos campos, todos coa mesma raíz pero con diferentes ramificacións. É, por iso, que chegou o momento de reestructurarnos. De seguir por novos camiños. Pechamos as portas do noso local pero seguimos mantendo a tenda e o seu contido en dous novos lugares: fai xa uns días que podedes atopar unha selección de discos na librería Plaxio que se atopa no Marco e que amablemente fíxonos un oco para a nosa-vosa música. O seu horario de atención ao público é de luns a sabado de 11 a 21 horas e os domingos e festivos de 11 a 15 horas. E, próximamente, tamén estaremos na nova web de SINSAL na que estamos traballando para ofrecervos un servizo on-line, unha tenda virtual na que non existen nin restriccións de horarios nin limitacións de espazo.
Como vedes, non desaparecemos senón que nos expandimos. Todos/as sabedes que manter unha tenda aberta requiere dun tempo do que nós agora carecemos porque o necesitamos para poñer en marcha outros proxectos nos que andamos aventurados.
Tanto desde Plaxio como desde a web intentaremos ofrecervos sempre o mellor servizo.
Unha vez anunciado o noso "traslado", dicirvos que como somos uns románticos, decidimos que un día á semana imos seguir abrindo as portas do SINSAL que coñecedes, no número 22, nas Galerías da rúa Príncipe. Será os xoves de 17:00 a 21:00. Así podemos manter un contacto directo e cambiar impresións en persona.
Queremos agradecervos a todos o apoio que nos dades e tamén todos os consellos-comentarios que nos axudan a seguir aí.
Un saúdo
SINSALaudio
Príncipe 22 2º local 48
36202, Vigo
Tel. & Fax 986-113800
info@sinsalaudio.com
www.sinsalaudio.com

6.04.2006
THE COUNTRY IS NOT A NATION
A maioría da xente coñece sen sabelo a The Peasall Sisters pola súa actuación na magnífica película O Brother, na que eran as tres fillas de George Clooney.
Estou escoitando o seu novo disco, HOME TO YOU, e está moi ben. E iso que normalmente dame algo de noxo os temas de precocidade musical (aí está michael jackson para ilustrar unha bonita parabola ó respecto - por certo, que sería daqueles melenas superventas de the hansom family?, crecerían?- ): a idade actual das compoñentes é de 13, 15 e 18 anos. Pois nada, que crezan con saude, a modiño e todo iso.

É FODIDAMENTE XENIAL ESTAR VIVO: DRIVE-BY TRUCKERS NA SALA CAPITOL
A mellor banda de rock do mundo?. Así é como fala a publicidade desta banda no último Ruta 66. Eu dende logo négome a establecer criterios comparativos (e moito menos cuantitativos) nisto da música así que o deixaremos en que son unha magnífica banda con un directo irreprochable, boas cancións, son acertado (a ecualización pareceume mala), guitarreo explosivo e demoledor para rematar a maioría dos temas,...Vamos, que concertos como este xustifican calquera esforzo que podas facer (tempo, distancia, cartos, pereza,...). Para que fose perfecto habería que entenderlles algo do que cantan con ese acento de Alabama :-)
Por certo que non é nada frecuente ver un grupo no que poden cantar a maioría dos compoñentes (iso si, unha das voces, tipo johnny cash, sobresae de maneira evidente). Un punto máis para eles.
Como teloneros estiveron SUGAR MOUNTAIN, grupo de Pontevedra que fai rock tipo rolling (e algo de thin lizzy). A min non me disgustaron, non inventan nada pero véxolles maneiras e un son correcto, e que carai, calquera que se adique ó rock non comercial merece un certo apoio. Iso si, a algunha xente coma Anxo non lle gustaron nada de nada e así fagoo constar.

AMBIENTE: Ryuichi Sakamoto e Alva Noto
O vindeiro día 11 actuan en Porto estes dous grandes artistas que teñen feito nos últimos anos dous dos mellores discos de música electrónica actual (e de non electrónica tamén): VRIOON e INSEN.
O termo "ambient" é un concepto denostado na electrónica por que rematou por asociarse de xeito case exclusivo con toda a trapallada pseudo musical da New Age (xa sabedes: música para relaxarse, o canto das baleas, sons da natureza,budistas, richard clayderman,...puagh!). Na súa contra usanse termos como música atmosférica, paisaxes sonoros,etc,... e incluso (misturando cousas sen moita precisión) chill out, dowtempo, lounge,...
Pero "ambient" no seu concepto clásico é o que fan Sakamoto e Noto, creando un ambiente (un contorno) musical único no que sumerxirse polo contraste son acústico-son dixital, no que tan importante ou maís que a melodía son a textura e os tons que se extraen do piano de Sakamoto e que son procesados dixitalmente por Noto. Há de merecer moito a pena velos en directo.
Ainda que tecnicamente non sexa o primeiro disco ambient da historia comenza a utilizarse o termo a partir do disco "Music for airports" de Brian Eno, primeiro dunha serie que se chamaba precisamente Ambient e que definiria as características deste estilo. Ainda que non sexa un estilo necesariamente electrónico é co auxe da electrónica (sintetizadores primeiro e ordenadores despois) cando o ambient se exapande e diversifica, atopándonos así cousas tan diversas como os discos de BIOSPHERE (ambientes electrónicos xélidos como a Antartida ou espazo sideral) ou os de BOHREN DER CLUB OF GORE (ambient jazz, unha maravilla) por citar só dous dos meus preferidos. De como este termo rematou por usarse case en exclusica para etiquetar discos dos cantos das focas en celo imaxino que corresponderá a un capítulo máis da Historia Universal da Infamia (musical).

AGARDA NA BEIRA DO RÍO E PASARÁN FLOTANDO OS CADAVERES DOS TEUS INIMIGOS
Ise é o suxerente título do anterior disco da banda australiá The Drones (Os zumbidos?), unha maravilla de hardrockblues e que teñen toda a pinta de ser a bomba en directo.
Australia é hoxe un dos paises do mundo con mellores grupos de rock non comercial, en especial nos estilos hard e punk. Ainda que un grupo como Jet acadou un éxito esaxerado para os seus méritos (ata os meus alumnos - algúns - os coñecen; a min non me chistan) hai un montón de grupos facendo rock do bó, do que sobresaen sen dúbida uns dos máis veteranos, Radio Birdman, punkrock de primeira división.
Permanezan atentos ás súas antípodas.