5.30.2006
SALVATORE
Salvatore son de Oslo (onde imaxino que isto será un nome entre exótico e gracioso) e sorprenden igual que entreteñen. Cando un pensa que está vendo unha típica formación de post-rock (rock instrumental + progresivo + electrónica (opcional) + free jazz para os despistados) moi influida, en positivo, por TORTOISE, van e sacan unha percusión tipo tribal (ou dancehall, ou tipo carlinhos brown no entroido) e de repente atopaste movendo os pes nun concerto de, insisto, post-rock. Onde tal se vira?
Unha sorpresa moi agradable no MARCO co único defecto de que despois de PAN SONIC un só é quen de apreciar o silencio.



Unha sorpresa moi agradable no MARCO co único defecto de que despois de PAN SONIC un só é quen de apreciar o silencio.


