5.14.2006
SAD BOYS DANCE WHEN NO ONE´S WATCHING
Estou a escoitar este disco de THE SECRET FAMILIY (edita Acuarela) motivado polo seu magnífico título (e co cal podo sentirme máis identificado do que quisera :-).
Non me apetecía moito e iso que lin críticas boas (ou quizais por iso; seguro que é un dos éxitos do ano no universo "alternativo" da música).
E é bo o disco na primeira escoita (pero sospeito que non é magnífico). Salvo polo pequeno detalle de cantar en inglés (e a verdade é que a única canción en castelán, unha adaptación de Camarón, non me gusta). Recomendollo a quen lle poda gustar musicalmente Nacho Vegas ou Aroah (sobre todo esta última) ainda que ten diversidade estilística. A verdade é que etiquetas aparte o que mellor pode definilo é que é un disco de Acuarela (na etiqueta promocional seica o relacionan con: oldham, fugazi, the evens, nirvana, elliot smith,...pos bueno, pos fale, pos malegro que diría Ivá). Unha entrevista co autor: la página de la nadadora