5.19.2006
RADIO 4: MÚSICA PARA BAILAR, BAILE PARA PENSAR
De todos os grupos que van vir ó FESTIVAL DO NORTE de Vilagarcía Radio 4 é quen máis me apetecería ver (ainda non descarto ir, pero atraeme cada vez máis a idea de ir a MIDAIRCONDO, o sábado 27 no MARCO dentro do FESTIVAL SINSAL).
PLACEBO non está mal pero tampouco é santo da miña devoción, e ECHO & THE BUNNYMEN son míticos pero confieso que non os teño escoitado moito.
Do resto dos grupos poden estar moi ben NACHO VEGAS (pero non nun festival; preferiria ve-lo nun concerto só; pode darte o baixón coa súa melancolía), ATOM RHUMBA (un dos mellores grupos de rock do estado: garaxe, funkrock, actitude,...rock&chaos!), TOKYO SEX DESTRUCTION (tamén moi bos, unha mistura de funkrock, MC5, soul by james brown, etc,..), CYCLE (un grupo pra pijos neste momento, pero poden ser interesantes; tamén pode que sexan un bluf, haberá que agardar), THE UNFINISHED SYMPATHY (escoitenos bastante hai un par de anos; agora perdinlles a pista musical) e os galegos MEU (non me emocionou o seu disco -o primeiro- pero deixase escoitar).
RADIO 4 é un grupo de Nova Iorque que xurdiu no revaival do post-punk con fortes influencias de THE CLASH e da New Wave (tipo Talking Heads). Sen chegar á calidade de !!! (chk-chk-chk) á súa é unha proposta interesante por canto mistura dance rock e contidos políticos (feito bastante menos frecuente do desexable na música actual: unha cousa é ser independente e outra non posicionarse cando tes a posibilidade - ou a obriga?- de facelo; a maioría dos grupos disfrazan de pasotismo e apolitismo a súa tremenda ignorancia de temas sociais ou o seu exacerbado egocentrismo - os artistas sonlle así, señora!-).