5.15.2006
THE PROPOSITION
Isto é o título dun peli a estrear con guión e música de Nick Cave (cocreada con Warren Ellis, compoñente de The Bad Seeds e tamén de Dirty Three, imprescindible grupo diso que podemos chamar post-rock, rock instrumental, etc,...).
A peli é un western australián no século XIX e ha de merecer a pena, ainda que non son moito de westerns (algo reconcilieime grazas a serie de Firefly). En todo caso é moi boa a BSO: rock fronterizo (australián) lento coma a vida no deserto (ou na pradeira, xa postos). Ideal para unha mañán de domigo resacosa ou con temporal.
A continuación deste disco deume por escoitar a BSO de Brokeckback Mountain, de Gustavo Santaolalla. Un disco bó, moi ben feito, superventas grazas ó seu óscar, pero que non me chega. É un disco que podes por de música de fondo para certas visitas pero non doe, non che fai sufrir (quizais non debería telo posto a continuación do anterior). De todos xeitos Santaolalla pareceme un monstro nisto da música, tanto coma productor (bajofondo tango club; tango con bases electrónicas, bastante ben, sen emocionar) coma músico.