5.28.2006
POESÍA MALDITA DE AMOR E ENFERMIDADE
Leo hoxe en Vieiros.org que fai dez anos que morreu Lois Pereiro, poeta maldito de verdade, dos que teñen o seu tempo marcado por un final tan tráxico coma inevitable. Ainda que non sexa músico o espíritu do punk (do verdadeiro punk, non dese dos disfraces de chinchetas e crestas do que se mofaban xa hai anos LA POLLA RECORDS) impregna as súas letras, convertindo nun escritor de referencia na postmodernidade galega.
Os seus libros están editado en Positivas, na colección Di-versos, que é practicamente a única colección de libros en galego pola que sinto un mínimo interese periódico.
Parece ser que hai propostas para adicarlle o día das letras galegas a Lois Pereiro. Dunha parte sería xenial (pagaría o que fose por ver a cara de moitos profesores de lingua lindo certos poemas en clase - habería censura?. Sen dúbida-), doutra parte dame o mesmo: estou en contra do modo de celebración actual das letras galegas.
EN DOCE VERSOS FALSOS
1
A miúdo botas negras e o seu xesto
(abandonadas do corpo que as esixe)
2
na postura dun acto de violencia
(sen a expresión real do asasinato)
3
pousadas coma un signo
(de furia e de nostalxia)
4
na noite lostregada
(esvaíndose da morte sen imaxe)
5
esluída no refuxio
(doutra visión que medra)
6
da procesión de euforia
(sabendo que hai un drama elaborado)
7
na creación volcánica dun soño
(coma orixe do desespero agudo)
8
na idea procreada
(dun par de botas negras)
9
que non entraría en min
(pola porta dun mundo que me invade)
10
sen o pruído curioso
(que agora me traspasa)
11
cravado sen molestias nos meus ollos
(tan cegos coma o teu útero estéril)
12
que van durmir o soño que non sinto.