5.24.2006

 

NIÑO Y PISTOLA:...como un maldito guisante

Dacordo, admito que ía falar ben deste disco soase o que soase. Pero é que resulta que está ben, case diría que moi ben.
Coñecín a un dos compoñentes de Niño y Pistola (visitade a súa web ypistola.com; bo deseño, confusa pero a proposito) fai varios anos (tres?) en Canciones Huerfanas, tenda de pop independente xa pechada (pra catro gatos que mercamos discos con regularidade é normal que rematemos coñecéndonos :-). Alí merquei a maqueta PERO QUÉ PISTOLA NI QUÉ NIÑO MUERTO (que, aparte de magnífico nome, tiña magnífica edicción, moito mellor ca maioría dos discos normais). E non soaba nada mal para ser unha maqueta: son depurado e cancións interesantes.
Agora veñen de sacar o primeiro disco "...como un maldito guisante" (Mulberry records, producido por Arturo Vaquero, aka Humanoid, garantia de calidade) e a verdade é que un traballo moi interesante: as cancións deixanse escoitar e quedas con ganas de repetir, o cal tratándose dun xénero do que non son nada seguidor (pop acústico en inglés) faime pensar que estamos ante un disco realmente bó.


Comments:
ggggggggggggguau!
muchas gracias por tus comentarios!
a quien conoces? a moncho? a mi?

es que no se quien eres...

un saludo
y muchas gracias!
 
pois non estou seguro, pero soame máis moncho. son pésimo para acordarme de nomes e caras, e as fotos na vosa web tampouco axudan :-)
cando fagades algún concerto por estes lares (hai perspectivas?) xa me presentarei.
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?