5.29.2006

 

MÚSICA NO ESPAZO DE FRECUENCIAS : PAN SONIC

Ainda que normalmente usamos o chamado espazo temporal ou espacial para representar a evolución das "cousas reais" (por exemplo unha onda sonora variando no tempo ou propagandose no espazo) "existen" infinidade de espazos distintos (aquí diriamos aquilo de hai outros mundos pero están neste) no que podemos representar esas mesmas cousas, iso si cun aspecto completamente distinto. O máis utilizado na física-matemática para representar cousas que varian "periódicamente" no tempo ou no espazo (sinais sonoras, electrónicas, luminosas) é o espazo de frecuencias. En dito espazo, relacionado co noso "real" a través de ferramentas matemáticas como a transformada de Fourier, unha onda infinita sinusoidal periódica (un ton puro, por exemplo) vese reducido a un simple punto. Este cambio de perspectiva radical permite extraer moitísima información dun xeito práctico de datos que poden chegar a ser complexísimos, coma por exemplo a suma de moitas ondas de distinta frecuencia desfasadas entre si, ademáis de poder manipulalar estes datos fácil e convenientemente.

E isto é o que fan PAN SONIC: viven musicalmente no espazo de frecuencias, transformando dun xeito armónico ondas sinusoidais, xogando amablemente con elas, creando melodias de corte clásico que nós percibimos case que coma ruido no noso espazo temporal, pero que no fondo sabemos que responden a unha execución maxistral dun novo tipo de instrumentos: os manipuladores de frecuencias (é obvio decir que moita xente só percibe ruido a secas; faltaslle perspectiva ou sobranlle perxuizos estéticos, como queirades).

Sobran máis comentarios ante unha experiencia coma a de PAN SONIC (eu non a incluiría na categoría de concertos) agás que é unha pena que un grupo co caché deles non poidan encher o pequeno auditorio do MARCO. Merda de cidade, que cantaban Kortatu.



No vídeo vese como vai variando a representación temporal da súa música, todo un acerto visual.


157_5745

157_5752

pantalla na que visualizamos a música

157_5754

157_5755

instrumentos de PAN SONIC

Comments:
agradecense as fotos dos maquinillos que usan, sempre estaba ben coñecer o arsenal sónicos dos grupos
 
poden ver un par de fotos máis no meu espazo no
FLICKR
 
Bonjorno, kiendred.blogspot.com!
[url=http://viagraycla.pun.pl/ ]Acquistare viagra generico[/url] [url=http://cialisonya.pun.pl/ ]Compra cialis in Italia[/url] [url=http://viagrareta.pun.pl/ ]Vendita viagra [/url] [url=http://cialisybea.pun.pl/ ]Acquisto cialis [/url] [url=http://athe.pun.pl/ ]Comprare [/url] [url=http://viagraradf.pun.pl/ ]Vendita viagra in Italia[/url]
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?