5.14.2006

 

AFRICA PAGA, AFRICA ESPERA

Este post vai de que AMADOU ET MARIAM actuan o día 20 en Vigo, no Caixanova, e será posiblemente un gran concerto (para o cal curiosamente non se esgotan as entradas tan rápidamente como con outras figuras máis "mediáticas" que actuan nese antro habitualmente).

Agora tocaría decir o estilo que fan, e ía por música africana misturada con ritmos como soul, blues, hiphop, etc,.... (manu chao é o productor do último disco, DIMANCHE À BAMAKO, e nótase no seu son) pero pareceme un completo sinsentido, por non decir insultante, iso de música "africana", como si quisera decir algo.

Amadou e Mariam son de Mali, son cegos os dous, e teñen unha boa historia ademáis dunha música francamente boa, moi "malisiense" e moi occidental ó mesmo tempo (fusión de verdade, con estilo propio, e non tanta trapallada que se fai por aquí).

Comments: Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?