5.30.2006

 

SALVATORE

Salvatore son de Oslo (onde imaxino que isto será un nome entre exótico e gracioso) e sorprenden igual que entreteñen. Cando un pensa que está vendo unha típica formación de post-rock (rock instrumental + progresivo + electrónica (opcional) + free jazz para os despistados) moi influida, en positivo, por TORTOISE, van e sacan unha percusión tipo tribal (ou dancehall, ou tipo carlinhos brown no entroido) e de repente atopaste movendo os pes nun concerto de, insisto, post-rock. Onde tal se vira?

Unha sorpresa moi agradable no MARCO co único defecto de que despois de PAN SONIC un só é quen de apreciar o silencio.



157_5777

157_5778

salvatore (panoramica)

5.29.2006

 

MÚSICA NO ESPAZO DE FRECUENCIAS : PAN SONIC

Ainda que normalmente usamos o chamado espazo temporal ou espacial para representar a evolución das "cousas reais" (por exemplo unha onda sonora variando no tempo ou propagandose no espazo) "existen" infinidade de espazos distintos (aquí diriamos aquilo de hai outros mundos pero están neste) no que podemos representar esas mesmas cousas, iso si cun aspecto completamente distinto. O máis utilizado na física-matemática para representar cousas que varian "periódicamente" no tempo ou no espazo (sinais sonoras, electrónicas, luminosas) é o espazo de frecuencias. En dito espazo, relacionado co noso "real" a través de ferramentas matemáticas como a transformada de Fourier, unha onda infinita sinusoidal periódica (un ton puro, por exemplo) vese reducido a un simple punto. Este cambio de perspectiva radical permite extraer moitísima información dun xeito práctico de datos que poden chegar a ser complexísimos, coma por exemplo a suma de moitas ondas de distinta frecuencia desfasadas entre si, ademáis de poder manipulalar estes datos fácil e convenientemente.

E isto é o que fan PAN SONIC: viven musicalmente no espazo de frecuencias, transformando dun xeito armónico ondas sinusoidais, xogando amablemente con elas, creando melodias de corte clásico que nós percibimos case que coma ruido no noso espazo temporal, pero que no fondo sabemos que responden a unha execución maxistral dun novo tipo de instrumentos: os manipuladores de frecuencias (é obvio decir que moita xente só percibe ruido a secas; faltaslle perspectiva ou sobranlle perxuizos estéticos, como queirades).

Sobran máis comentarios ante unha experiencia coma a de PAN SONIC (eu non a incluiría na categoría de concertos) agás que é unha pena que un grupo co caché deles non poidan encher o pequeno auditorio do MARCO. Merda de cidade, que cantaban Kortatu.



No vídeo vese como vai variando a representación temporal da súa música, todo un acerto visual.


157_5745

157_5752

pantalla na que visualizamos a música

157_5754

157_5755

instrumentos de PAN SONIC

5.28.2006

 

POESÍA MALDITA DE AMOR E ENFERMIDADE

Leo hoxe en Vieiros.org que fai dez anos que morreu Lois Pereiro, poeta maldito de verdade, dos que teñen o seu tempo marcado por un final tan tráxico coma inevitable. Ainda que non sexa músico o espíritu do punk (do verdadeiro punk, non dese dos disfraces de chinchetas e crestas do que se mofaban xa hai anos LA POLLA RECORDS) impregna as súas letras, convertindo nun escritor de referencia na postmodernidade galega.
Os seus libros están editado en Positivas, na colección Di-versos, que é practicamente a única colección de libros en galego pola que sinto un mínimo interese periódico.
Parece ser que hai propostas para adicarlle o día das letras galegas a Lois Pereiro. Dunha parte sería xenial (pagaría o que fose por ver a cara de moitos profesores de lingua lindo certos poemas en clase - habería censura?. Sen dúbida-), doutra parte dame o mesmo: estou en contra do modo de celebración actual das letras galegas.


EN DOCE VERSOS FALSOS
1
A miúdo botas negras e o seu xesto
(abandonadas do corpo que as esixe)
2
na postura dun acto de violencia
(sen a expresión real do asasinato)
3
pousadas coma un signo
(de furia e de nostalxia)
4
na noite lostregada
(esvaíndose da morte sen imaxe)
5
esluída no refuxio
(doutra visión que medra)
6
da procesión de euforia
(sabendo que hai un drama elaborado)
7
na creación volcánica dun soño
(coma orixe do desespero agudo)
8
na idea procreada
(dun par de botas negras)
9
que non entraría en min
(pola porta dun mundo que me invade)
10
sen o pruído curioso
(que agora me traspasa)
11
cravado sen molestias nos meus ollos
(tan cegos coma o teu útero estéril)
12
que van durmir o soño que non sinto.

5.27.2006

 

SWEET HOME ALABAMA

Casualmente o outro día que comenzamos a ver a terceira tempada de LOS SOPRANO (magníficas as dúas primeiras, e ainda deben ser moito millor en V.O) lin que van refacer unha versión censurada desta serie, quitando esceas de sexo (imaxino que tamén de violencia, non recordo ben) e volvendo incluso a filmar algunhas esceas importantes. Gustariame facer algún comentario pero a verdade é que o tema fala por si mesmo.

O que si é importante é recomendar un grupo moi orixinal: ALABAMA 3, interpretes da canción de inicio da serie (que parece ser que é de Leonard Cohen). Este grupo inglés fan unha mistura moi atrevida: country (novo e clásico), blues, bluegrass, etc,... con electrónica, tecno pop, etc,...Incluso os que gustamos de probar todo tipo de misturas (agás as do falso chill out que todo o invade) colleriamos un grupo coma este coa mosca detrás da orella (cantos pecados se cometen no nome do santo mestizaxe!). Pero resulta que a cousa funciona ben: a escoita de calquera disco deste grupo convirtese primeiro nunha experiencia sorprendente e agradable para convertirse despois nun destes grupos que vas a escoitar con certa asiduidade e que non dubidas en recomendar. Disfrutadeos se ainda non os coñecedes.



I'm gonna take you down
Deep down, to the front line

You woke up this morning
Got yourself a gun,
Mama always said you’d be
The Chosen One.

She said: You’re one in a million
You’ve got to burn to shine,
But you were born under a bad sign,
With a blue moon in your eyes.

When you woke up this morning
All that love had gone,
Your Papa never told you
About right and wrong.

But you’re
But you’re looking good, baby,
I believe that you’re a feeling fine,(shame about it),
Born under a bad sign
With a blue moon in your eyes.

So sing it now

Woke up this morning
Got a blue moon
Got a blue moon in your eyes
So sad
God damn
God damned shame about it

You woke up this morning
The world turned upside down, (Lord above),
Thing’s ain’t been the same
Since the Blues walked into town.

But you’re
But you’re one in a million
You’ve got that shotgun shine. (shame about it),
Born under a bad sign,
With a blue moon in your eyes.

When you woke up this morning everything was gone.
By half past ten your head was going ding-dong.
Ringing like a bell from your head down to your toes,
like a voice trying to tell you there’s something you should
know. Last night you were flying but today you’re so low
- ain’t it times like these that make you wonder if
you’ll ever know the meaning of things as they appear to
the others; wives, husbands, mothers, fathers, sisters and
brothers.
Don’t you wish you didn’t function, don’t you wish you
didn’t think beyond the next paycheck and the next little
drink?
Well you do so make up your mind to go on, ‘cos
when you woke up this morning everything you had was gone.

Woke up this morning,
Woke up this morning,
Woke up this morning,
You want to be,
You want to be the Chosen One.
Yeah, you know it.
Just can’t help yourself, yeah.

Woke up this morning,
Woke up this morning,
Woke up this morning,
Got yourself a gun.
Got yourself a gun.
Got yourself a gun

5.25.2006

 

LIBERDADE

Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.

Grande te quiero,
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.

Buena te quiero,
como pan que no sabe
su masa buena.
Pero no mía.

Alta te quiero,
como chopo que al cielo
se despereza.
Pero no mía.

Blanca te quiero,
como flor de azahares
sobre la tierra.
Pero no mía.

Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.


AGUSTÍN GARCÍA CALVO (interpretada magníficamente por Amancio Prada)

5.24.2006

 

NADADORA

Lin o outro día que Nadadora, grupo de O Grove, van ir a Benicasim (que é coma o salto á fama a nivel "indi"). Alegrome ben por eles por que son un grupo moi honrado con unha calidade media alta e que deberían sobresair un pouquiño en medio de tanto grupo de pop alternativo, ainda que so sexa por que cando son sensibles sonno "en serio", sen caer en sensibilerias prefabricadas (teño que poñer exemplos?) e cando toca meter guitarras non se cortan (ainda recordo a súa versión do Love will tear us appart again de Joy Division nun concerto no Vademecum hai tempo).

NADADORA sacaron no 2005 o seu primeiro disco, TODO EL FRÍO DEL MUNDO (en Jabalina, que era un sello como moi obvio; producido por Arturo Vaquero, como non). Ainda que me gustaron maís as súas maquetas (sobre todo a primeira que pilloume de sorpresa) é un disco moi digno e recomendable (só para mentes sensibles).

non podo acertar a escaparme
a escoitar sen que me vexan
a non deixar de namorarme
a non ser xa a mesma
a imaxinar o que hei de ser
xa ves hoxe outra vez
coa melancolia a voltas
compartindo a tristura
das cancións que me amosas
e fanme suspirar

OUTUBRO

 

NIÑO Y PISTOLA:...como un maldito guisante

Dacordo, admito que ía falar ben deste disco soase o que soase. Pero é que resulta que está ben, case diría que moi ben.
Coñecín a un dos compoñentes de Niño y Pistola (visitade a súa web ypistola.com; bo deseño, confusa pero a proposito) fai varios anos (tres?) en Canciones Huerfanas, tenda de pop independente xa pechada (pra catro gatos que mercamos discos con regularidade é normal que rematemos coñecéndonos :-). Alí merquei a maqueta PERO QUÉ PISTOLA NI QUÉ NIÑO MUERTO (que, aparte de magnífico nome, tiña magnífica edicción, moito mellor ca maioría dos discos normais). E non soaba nada mal para ser unha maqueta: son depurado e cancións interesantes.
Agora veñen de sacar o primeiro disco "...como un maldito guisante" (Mulberry records, producido por Arturo Vaquero, aka Humanoid, garantia de calidade) e a verdade é que un traballo moi interesante: as cancións deixanse escoitar e quedas con ganas de repetir, o cal tratándose dun xénero do que non son nada seguidor (pop acústico en inglés) faime pensar que estamos ante un disco realmente bó.


5.22.2006

 

DIOS KE TE CREW (e maila nai que te pariu)

O disco que máis teño escoitado esta semana chámase XÉNESE e é o primeiro do colectivo de hip-hop DIOS KE TE CREW (se ainda descoñeces a diferencia entre rap e hip-hop deberías buscar informacción por internet :-)

É un disco de gran calidade técnica e lírica, á altura dos mellores que se vaian facer este ano en todo o estado, coa ventaxe engadida dunhas letras en galego que escapan do típico tópico de tanto rapper barateiro ("hei, colega, son o máis chulo do barrio" e outras parvadas que só se aturan cando hai verdadeiro talento para o flow, coma por exemplo os primeiros de 7 NOTAS, 7 COLORES) para tomar partido pola denuncia social máis evidente (Fraga, El-Rei, a garda civil, o galego, etc,...). Tal e como anda o patio de relativismo cultural, social e político absoluto, sobre todo nisto da música, apetece de vez en cando escoitar tomas de posturas concretas e direitas (independentemente de que estés máis ou menos dacordo).

Dime, en que traballa o Rei?, e a súa tía Rita?
Dime, en qué traballa o Rei, maís que en joderno-la guita

 

MONTAÑAS DE BASURA

Curiosamente non todas as cancións de Los Planetas son deprimentes. Aquí deixo unha das miñas cancións preferidas do disco deles que máis teño esocitado, UNA SEMANA EN EL MOTOR DE UN AUTOBÚS. Reflexionade con calma: Deus non existe e o Universo está condenado a maximizar a entropía, pero a túa vida ten sentido se decides compartila e facerte dono dos teus actos (perdón pola cursilada, pero hoxe estou optimista; mañán xa veremos :-)


En montañas de basura,
en montañas de basura,
en montañas de basura,
en montañas de basura.

Ningún beso de cordura,
ningún beso de cordura,
ningún beso de cordura,
ningún beso de ...
Dios me tendrá que proteger.
¿Qué va a pasarme esta vez?

¿Qué va a pasar si me entrego y no funciona?
¿Qué va a pasar si me tiro al barro ahora y sale mal?

¿Qué va a pasar si no puedo soportarlo?
¿Qué va a pasar si decido dar el paso y sale mal?
Aguantaré, podré escapar, podré volver.
Mi vida va a ser mejor de lo que fue.
¿Qué va a pasar si no lo es?

Dios me tendrá que proteger.
¿Qué va a pasar si no lo es?
Dios me tendrá que proteger.
¿Qué va a pasar si no lo es?

5.21.2006

 

ANTISOZIAL: ROCK ON DELA

Dende aquí abaixo podedes escoitar direitamente a ANTISOZIAL, grupo redondelán de Hard Rock.

A miña relación co grupo pasa por ser ex-profesor dalgún deles, lévolles o blog ANTISOZIAL e gustariame buscarlles concertos polo que se algún leitor sabe dalgún sitio onde podan tocar que deixe un comentario (obviamente vale case calquera sitio de Galiza).


Powered by Castpost

VÉNDEMELO. Música: Judas Priest ("Breaking the law"). Letra: Manolo Kabezabolo.


Powered by Castpost

PERDIDO. Música e letra: Antisozial.

5.19.2006

 

VADEMECUM: MÁIS QUE UN CLUBE

O día que haxa Champiñon Ligh de clubes xa sabemos quen vai ser o noso representante. É un tanto obvio decilo, pero a programación do Vademecum e do colectivo Sinsal está a anos luz de calquera outro local da Galiza (e da meirande parte dos do estado). De verdade, un luxo de primeira división para unha cidade tan desagradecida coma Vigo (onde carallo está a xente mentras catro gatos imos ver a Jan Jelinek?)

Copiopasteo o mail que acabo de recibir coa programación desta "finde".


CLUBE VADEMECUM www.clubevademecum.com

_010 _mayo/junio 2006

Todos los "findes" son iguales. Ya no hay nada divertido que me empuje a salir.

FIESTA DE PRESENTACIÓN COLECTIVO TACOMA

_SEBASTOPOL + 6PM + LOS DEUTERONISTAS

_Viernes 19 de Mayo _Desde las 00.30 horas _Entrada 3 Euros
_Soci@s: gratis

La nueva escena gallega viene pidiendo paso y aquí está un anticipo
de lo que se puede ver en estas tierras al otro lado del territorio
"indie comercial". Hay clase, maneras y sobre todo ganas por cambiar
un presente demasiado emborrachado por el revival.

COLECTIVO TACOMAhttp://www.ctacoma.com




_HEAVY _usa _Kindred Spirits

_Sábado 20 de Mayo _A las 24.00 horas
_Entrada 15 € _Producción Arkestra


Esta será su segunda vez en Vigo. El pasado Noviembre estuvieron con nosotros, tan sólo acompañados de un IPod y se ganaron al público gracias a su entrega sobre el escenario y a unas dotes artísticas fuera de lo común. Esta vez nos visitan acompañados por un DJ y un teclista prometiendo superar su anterior visita.

ARKESTRAhttp://www.arkestra.net/

_DJ JULLIETTA _alemania

_Sábado 20 de Mayo _A las 03.00 horas _Entrada 3 Euros/2 Euros
_ + INFO en breve.

Esta es una noche muy especial. Primero el directo asombroso
de Heavy y después la sesión de Djs Ningunos con una invitada muy especial, una de las grandes promesas/realidades del baile en Europa: DJ Jullietta.
Una fiesta con el baile de más de cinco horas y dos propuestas increíbles;
de lujo. Ya quisieran muchos Clubs un cartel así!


DJ JULIETTA_www.djjulietta.de

PRÓXIMOS CONCIERTOS JUNIO:

_XIU XIU _usa _acuarela

_Jueves 1 de Junio _A las 22.00 horas
_ + INFO en breve.

_MONTGOLFIER BROTHERS _uk _green ufos

_Domingo 11 de Junio _A las 22.30 horas
_ + INFO en breve.


 

RADIO 4: MÚSICA PARA BAILAR, BAILE PARA PENSAR

De todos os grupos que van vir ó FESTIVAL DO NORTE de Vilagarcía Radio 4 é quen máis me apetecería ver (ainda non descarto ir, pero atraeme cada vez máis a idea de ir a MIDAIRCONDO, o sábado 27 no MARCO dentro do FESTIVAL SINSAL).

PLACEBO non está mal pero tampouco é santo da miña devoción, e ECHO & THE BUNNYMEN son míticos pero confieso que non os teño escoitado moito.

Do resto dos grupos poden estar moi ben NACHO VEGAS (pero non nun festival; preferiria ve-lo nun concerto só; pode darte o baixón coa súa melancolía), ATOM RHUMBA (un dos mellores grupos de rock do estado: garaxe, funkrock, actitude,...rock&chaos!), TOKYO SEX DESTRUCTION (tamén moi bos, unha mistura de funkrock, MC5, soul by james brown, etc,..), CYCLE (un grupo pra pijos neste momento, pero poden ser interesantes; tamén pode que sexan un bluf, haberá que agardar), THE UNFINISHED SYMPATHY (escoitenos bastante hai un par de anos; agora perdinlles a pista musical) e os galegos MEU (non me emocionou o seu disco -o primeiro- pero deixase escoitar).

RADIO 4 é un grupo de Nova Iorque que xurdiu no revaival do post-punk con fortes influencias de THE CLASH e da New Wave (tipo Talking Heads). Sen chegar á calidade de !!! (chk-chk-chk) á súa é unha proposta interesante por canto mistura dance rock e contidos políticos (feito bastante menos frecuente do desexable na música actual: unha cousa é ser independente e outra non posicionarse cando tes a posibilidade - ou a obriga?- de facelo; a maioría dos grupos disfrazan de pasotismo e apolitismo a súa tremenda ignorancia de temas sociais ou o seu exacerbado egocentrismo - os artistas sonlle así, señora!-).

 

DEATH COUNTRY IS THE NEW SENSATION

Namentras moita xente celebraba a victoria dunha equipa e outra tanta laiabase diso mesmo, uns 25 afortunados disfrutabamos dun magnífico concerto: ELLIOT BROOD, trio canadiense que fan unha mistura de neo-country, rock sureño, bluegrass e todo o que vos quepa na cocteleira (death country, chamanno eles). Unha moi boa actuación, salvo polo pequeno detalle de que rematara ás 2 da mañán e algúns tiñamos que madrugar (e xente coma Ángel tiña que voltar ata Coruña; casi ná!). Ainda así é perdoable. Para min é o tipo de concerto perfeito: no que antes de empezar o grupo está ó teu carón tomando unha cervexa, no que podes colocarte onde desexes, etc,...(obviamente sacrificaría todo isto pola satisfación de que un concerto coma este, nada mediático, estivera cheo, pero isto é o que hai e haberá :-(

Estiveron de teloneiros CORDA SWING (jazz "de cámara" con violín): boa actuación, boa música pero cando es o teleoneiro tes que parar a tempo (penso que media hora tería estado ben).

En canto a ELLIOT BROOD o concerto estivo por riba das expectativas creadas pola escoita (un tanto apresurada) do seu único disco, AMBASSADOR: actitude, electricidade, un baixo "virtual", un banjo fulgurante, unha guitarra española amplificada e distorsioanada e coma colofón, na vez de bombo, unha maleta (coa súa etiqueta de viaxe e todo).

157_5727


aquí podedes ver a maleta coma bombo, coa súa etiqueta e a bandeirola canadiense (e soa ben, of course)

157_5728

157_5730


e aquí vemos, aparte dos pes descalzos de Casey Laforet :-), a guitarra amplificada e con pedais e mailo organo "de pes" (descoñezo se ten algún nome) que facía de baixo; magnífico.

157_5729

Resumindo: un grupo para non perderlle á pista. Merquei un CD editado no 2004 e Roberto votoume a bronca por que non o levei a asinar (iso é marca da casa; algún día animareime)

5.16.2006

 

PAN SONIC: EXPERIENCIAS SÓNICAS

Grupos como Pan Sonic (Autchre, Mouse on Mars,....) son outra cousa: non fan música, "crean" nova música; constituen unha experiencia sonora "dificil" de aturar inicialmente pero con unha grande recompensa ó final, modificar os teus parámetros estéticos previos. Obviamente isa é unha viaxe que non a todo o mundo lle apetece e está ben que así sexa. As viaxes iniciáticas adoitan ser experiencias minoritarias (por definición?).

Quen lle apeteza poñerse en camiño: Venres 26 Maio, Museo Arte Contemporaneo MARCO (Vigo), 21:00 h.

Máis información sobre Pan Sonic e o resto do festival Sinsal 4.0 Estación Primaveira: SINSAL 4.0

5.15.2006

 

ELLIOT BROOD EN VIGO

Death country (mola isto das etiquetas) feito en Canadá o mércores 17 (día das letras galegas, día de internet e final da champiñon lig; triple bah! en comparación :-) en La Fábrica de Chocolate.

Entrada 3 miserentos euros.

Vémonos alí?

 

RETOUR AU QUARTIER LONTAIN

No Rockdelux deste mes o disco máis destacado é o novo de Dominique A, L'HORIZON.

Escoiteino un par de veces dende que o merquei (hai máis de un mes) e é moi bó (como non podía ser menos; non son moi obxectivo falando de dominique ané), ainda que non podo decir que me queden as canción coma no anterior, TOUT SERA COMME AVANT.

O curioso é que hai unha canción baseada en BARRIO LEJANO (Ed. Ponent Mon, 2 vols.), un dos millores comics que podes atopar na túa libreria especializada (coma BANDA DESEÑADA), obra de Jiro Taniguchi un dos mellores autores de comics do mundo (calquera cousa que podades atopar del é recomendable; si, tampouco son moi obxectivo).

E dende logo ten lóxica: a música de Dominique A e as viñetas de Taniguchi se retroalimentan: son proxeccións da mesma hiperesfera estética.


Tout sera comme avant
sous les manteaux d'été
comme avant d'exister
comme avant
dans la cour encombrée
les filles assises en rang
las cavaliers

Tout sera comme avant
quand vous me reverrez
les neiges auront fondu
sur le terre engorgée
Dans le soir trébuchant je vous raconterai...
Tout sera comme avant
je vous le promets

...

Non podo escoitar esta canción sen chorar un pouquiño: teñoa asociada á morte da miña cadela, Cuqui.

 

JIMENEZ DEL OSO

Un grupo con ese nome ten que ser bó. Estou baixando as súas canción de AQUÍ

O vindeiro sábado en La Iguana, a partir das 00:30 h. Rock marcián for you!

 

DRIVE BY TRUCKERS + SUGAR MOUNTAIN

O 1 de Xuño na Sala Capitol de Santiago. A min dende logo gustariame ir. Alguén se apunta?. Eu poño o coche :-)

ficha de drive by truckers + sugar mountain

 

THE PROPOSITION

Isto é o título dun peli a estrear con guión e música de Nick Cave (cocreada con Warren Ellis, compoñente de The Bad Seeds e tamén de Dirty Three, imprescindible grupo diso que podemos chamar post-rock, rock instrumental, etc,...).

A peli é un western australián no século XIX e ha de merecer a pena, ainda que non son moito de westerns (algo reconcilieime grazas a serie de Firefly). En todo caso é moi boa a BSO: rock fronterizo (australián) lento coma a vida no deserto (ou na pradeira, xa postos). Ideal para unha mañán de domigo resacosa ou con temporal.

A continuación deste disco deume por escoitar a BSO de Brokeckback Mountain, de Gustavo Santaolalla. Un disco bó, moi ben feito, superventas grazas ó seu óscar, pero que non me chega. É un disco que podes por de música de fondo para certas visitas pero non doe, non che fai sufrir (quizais non debería telo posto a continuación do anterior). De todos xeitos Santaolalla pareceme un monstro nisto da música, tanto coma productor (bajofondo tango club; tango con bases electrónicas, bastante ben, sen emocionar) coma músico.




5.14.2006

 

THE LIGHT AT THE END OF TUNNEL IS A TRAIN

Gustanme os discos con títulos orixinais. Este é de Whitey.

 

SR CHINARRO

Actuou onte en La fábrica de chocolate (Vigo). É a primeira vez que o vexo e a sensación é a mesma que cos seus discos: magnífica persoa (todo un anti-star system, nótase), magníficos versos ( moi complexos, iso si, con metáforas moi traballadas; todo moi tolo e surrealista) pero algo non funciona nas cancións, non acaban de chegarme (o son foi bo, con bos músicos, ainda que a voz é obviamente mellorable, como sabe calquera que o teña escoitado).

Probablemente deba adicar máis tempo a escoitalo (si, sexamos sinceiros, Los Planetas tampouco te gustarian se non tiveras feito o esforzo de escoitalos varias veces, ou polo menos de buscar as letras).

QUIROMÁNTICO

Éste es tu teléfono en mi mano, en la de él,
quiromántico,
va la tuya, y dejará una raya, haz de las suyas,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico.

Este es su teléfono, poco más sé leer,
quiromántico,
corre, ve y dile que me enseñe la cartilla y piérdete,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico.

Muérete, la línea llega a la muñeca,
quiromántico.
Hace frío, y con una pluma roja le sonrío,
y te apunto desde la fila de atrás,
(quiromántico)
tengo goma y borra como "las manitas",
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico.

 

AFRICA PAGA, AFRICA ESPERA

Este post vai de que AMADOU ET MARIAM actuan o día 20 en Vigo, no Caixanova, e será posiblemente un gran concerto (para o cal curiosamente non se esgotan as entradas tan rápidamente como con outras figuras máis "mediáticas" que actuan nese antro habitualmente).

Agora tocaría decir o estilo que fan, e ía por música africana misturada con ritmos como soul, blues, hiphop, etc,.... (manu chao é o productor do último disco, DIMANCHE À BAMAKO, e nótase no seu son) pero pareceme un completo sinsentido, por non decir insultante, iso de música "africana", como si quisera decir algo.

Amadou e Mariam son de Mali, son cegos os dous, e teñen unha boa historia ademáis dunha música francamente boa, moi "malisiense" e moi occidental ó mesmo tempo (fusión de verdade, con estilo propio, e non tanta trapallada que se fai por aquí).

 

SAD BOYS DANCE WHEN NO ONE´S WATCHING

Estou a escoitar este disco de THE SECRET FAMILIY (edita Acuarela) motivado polo seu magnífico título (e co cal podo sentirme máis identificado do que quisera :-).

Non me apetecía moito e iso que lin críticas boas (ou quizais por iso; seguro que é un dos éxitos do ano no universo "alternativo" da música).

E é bo o disco na primeira escoita (pero sospeito que non é magnífico). Salvo polo pequeno detalle de cantar en inglés (e a verdade é que a única canción en castelán, unha adaptación de Camarón, non me gusta). Recomendollo a quen lle poda gustar musicalmente Nacho Vegas ou Aroah (sobre todo esta última) ainda que ten diversidade estilística. A verdade é que etiquetas aparte o que mellor pode definilo é que é un disco de Acuarela (na etiqueta promocional seica o relacionan con: oldham, fugazi, the evens, nirvana, elliot smith,...pos bueno, pos fale, pos malegro que diría Ivá). Unha entrevista co autor: la página de la nadadora

5.10.2006

 

VAS A VERME POLA TELE

Onte na clases de 2º plantexei o tema da folga do metal: se sabian os motivos e as reivindicacións, se lles afectaba na súas vidas ou na dos seus familiares, etc,...

Aparte do esperado pasotismo dalgúns e da sorprendente ignorancia de moitos a maioría dos que quixeron falar era só para plantexar o tema da violencia: queima de coches e similares. Ainda que intentei centrar o tema noutros aspectos está claro que ese tema era máis atractivo ou importante.

Cando cheguei a casa pusemos o telediario (os luns é case o único día que o vemos). Nova da folga: 55 segundos de actos violentos e enfrentamentos, 5 segundos para decir que seguen as negociacións, 0 segundos para informar/analizar os motivos da folga.


The Revolution Will Not Be Televised
(GIL SCOTT-HERON, 1974)
You will not be able to stay home, brother.
You will not be able to plug in, turn on and cop out.
You will not be able to lose yourself on skag and skip,
Skip out for beer during commercials,
Because the revolution will not be televised.

The revolution will not be televised.
The revolution will not be brought to you by Xerox
In 4 parts without commercial interruptions.
The revolution will not show you pictures of Nixon
blowing a bugle and leading a charge by John
Mitchell, General Abrams and Spiro Agnew to eat
hog maws confiscated from a Harlem sanctuary.
The revolution will not be televised.

The revolution will not be brought to you by the
Schaefer Award Theatre and will not star Natalie
Woods and Steve McQueen or Bullwinkle and Julia.
The revolution will not give your mouth sex appeal.
The revolution will not get rid of the nubs.
The revolution will not make you look five pounds
thinner, because the revolution will not be televised, Brother.

There will be no pictures of you and Willie May
pushing that shopping cart down the block on the dead run,
or trying to slide that color television into a stolen ambulance.
NBC will not be able predict the winner at 8:32
or report from 29 districts.
The revolution will not be televised.

There will be no pictures of pigs shooting down
brothers in the instant replay.
There will be no pictures of pigs shooting down
brothers in the instant replay.
There will be no pictures of Whitney Young being
run out of Harlem on a rail with a brand new process.
There will be no slow motion or still life of Roy
Wilkens strolling through Watts in a Red, Black and
Green liberation jumpsuit that he had been saving
For just the proper occasion.

Green Acres, The Beverly Hillbillies, and Hooterville
Junction will no longer be so damned relevant, and
women will not care if Dick finally gets down with
Jane on Search for Tomorrow because Black people
will be in the street looking for a brighter day.
The revolution will not be televised.

There will be no highlights on the eleven o'clock
news and no pictures of hairy armed women
liberationists and Jackie Onassis blowing her nose.
The theme song will not be written by Jim Webb,
Francis Scott Key, nor sung by Glen Campbell, Tom
Jones, Johnny Cash, Englebert Humperdink, or the Rare Earth.
The revolution will not be televised.

The revolution will not be right back after a message
bbout a white tornado, white lightning, or white people.
You will not have to worry about a dove in your
bedroom, a tiger in your tank, or the giant in your toilet bowl.
The revolution will not go better with Coke.
The revolution will not fight the germs that may cause bad breath.
The revolution will put you in the driver's seat.

The revolution will not be televised, will not be televised,
will not be televised, will not be televised.
The revolution will be no re-run brothers;
The revolution will be live.

NOTA: recomendo, aparte da versión orixinal, a adaptación feita por EXPERIENCE no seu derradeiro traballo, con letra en francés.

 

ANTISOZIAL



Lena recomenda escoitar ANTISOZIAL: Rock&Actitude dende Redondela.

Visiten o seu blog (se cren recoñecer a alguén nas fotos miren para outro sitio) nos enlaces.

 

KILL YR IDOLS - SONIC YOUTH

I don't know why
you wann' impress Christgau
ahh let that shit die
and find out the new goal

kill yr. idols
sonic death
it's the end of the world
and confusion is sex

kill yr. idols
sonic death
it's the end of the world
and confusion is sex

This page is powered by Blogger. Isn't yours?